Onte, 17 de xullo de 2014, ás 19.00 horas celebrouse no Centro Cultural Luís Seoane de O Pino una nova reunión ordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.
Nesta reunión someteuse á consideración dos 28 membros da Xunta Directiva a aprobación de dous novos proxectos como beneficiarios dunha axuda do Programa Leader.
O primeiro deles, de carácter
productivo, está promovido polo empresario de Melide Javier López,
dedicado á prestación de servizos agrícolas e
forestais. No seu proxecto contempla a adquisición de novo equipamento para
ampliar e modernizar o seu parque de maquinaria e prestar un mellor servizo, o investimento ascende a 50.000 € para o cal se aprobou unha axuda Leader do 26%.
O segundo proxecto é de tipo non productivo, está
promovido pola Asociación Cultural A
Braña e contempla a rehabilitación e posta en valor do contorno da
Igrexa parroquial de Belmil, en Santiso, así como do seu cruceiro. O investimento
ascende a 75.000 € para a cal se aprobou unha axuda Leader do 58%.
Coa selección destas iniciativas finalízase a
tramitación dos proxectos presentados na convocatoria anterior, pechada
o 1 de setembro de 2013, e ábrese unha nova etapa coa tramitación dos
proxectos presentados na vixente convocatoria 2014-2015 que o GDR ten
aberta desde o pasado 12 de marzo e, para l cual, o Grupo ten concedido
un orzamento de 1.250.000 €; destinado, principalmente, á diversificación
da economía rural a través da posta en marcha de proxectos productivos.
Na reunión tamén houbo tempo para facer un repaso
xeral á situación actual do Programa Leader (número de proxectos en
tramitación, orzamento comprometido e disponible, prazos previstos, etc.), xa
que o Programa Leader atópase na súa fase final e é necesario conseguir
unha xestión o máis eficaz posible para aproveitar ó máximo os fondos
concedidos pola Unión Europea.
Podes ver esta información no seguinte enlace de prensa:
El Correo Gallego, 18 de xullo de 2014
Podes ver esta información no seguinte enlace de prensa:
El Correo Gallego, 18 de xullo de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario