En pleno verán, no GDR Ulla Tambre Mandeo estamos inmersos de cheo nunha orixinal campaña de difusión para a pomoción turística do territorio.
O pasado mes de abril, membros da Xunta Directiva
do Grupo presentaban oficialmente na Xunta de Galicia un vídeo turístico realizado pola Asociación e editado para dar a
coñecer a enorme riqueza patrimonial, paisaxística, cultural e gastronómica dos dez concellos que compoñen o ámbito xeográfico do GDR (comarca de
Arzúa, comarca de Melide, Curtis e Vilasantar).
Un dos obxetivos é lograr a máxima
difusión posible deste vídeo entre a poboación, tanto local como visitante, para
o cal, nestes días nos que a afluencia de turistas e peregrinos é
máxima pola proximidade coa festividade do 25 de xullo, desde o GDR iniciamos
unha forte campaña de promoción; facendo chegar a locais de
hostalería e restauración do territorio lotes de material divulgativo (carteis
e postais) cun atractivo deseño, no que se inclúe o acceso mediante
códigos QR e enlaces corto ó vídeo turístico nos tres idiomas nos que está dispoñible: inglés,
castelán e galego.
Co lema “vostede estivo aquí pero non o viu todo”, o GDR busca potenciar o seu territorio como destino turístico conxunto,
co objxectivo de que todas aquells persoas que o vexan o teñan en
consideración para o seu próximo periodo vacacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario