NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




11 abr 2014

O GDR estrea vídeo turístico

A presentación do vídeo tivo lugar nun acto presidido polo Director Xeral de Agader, Don Antonio Crespo, e o noso Presidente, Don Ovidio Leiva, acompañados polo Subdirector de relacións cos Grupos, Don Javier Blanco, os vicepresidentes do GDR, Don Manuel Taboada e Don Javier Cainzos, a representante da mesa do turismo no Grupo, Dona Matilde Pallares e a xerenta do Grupo, Dona María Fernández.

 
Dentro dos obxectivos principais deste vídeo turístico, que ten unha duración de sete minutos, están o de dar a coñecer a enorme riqueza do Ulla Tambre Mandeo como destino turístico, no que a gastronomía, patrimonio, ocio e paisaxe se refire, e destacar, entre os visitantes ó noso territorio (xente de paso e peregrinos) que por onde están existe un destino para as súas próximas vacacións.
 
O vídeo é un gancho, unha pequena mostra, para que a ti, que les isto, e a toda a xente que o vexa, lle pique a curiosidade e lle entren gañas de virnos visitar. A beleza do destino non defrauda, esperamos ter conseguido reflectilo, e obter así os resultados esperados!!




 

Medio Rural faise eco da noticia:
Noticia Consellería Medio Rural

No hay comentarios:

Publicar un comentario