Ante a avalancha de consultas ó respecto da subvencionabilidade ou non dos investimentos en empresas de servizos agrícolas e forestais, o GDR estima necesario facer as seguintes aclaracións:
O réxime de axudas, no apartado das restricións sectoriais establece:
"Os investimentos en actividades de asesorías, axencias de seguros, perrucarías, tinturarías, talleres de reparacións, empresas de servizos agrícolas e forestais, despachos profesionais e asimiladas so serán subvencionables en concellos onde non haxa ningún establecemento que preste ese servizo"
A Xunta de Galicia interpreta que: "Nos pasados anos consideramos que a limitación afectaba unicamente ás empresas de nova creación e así imos seguir facendo; é dicir, unha empresa que xa exerza a actividade poderá recibir subvencións"
Calquera solicitude de axuda será recibida e estudada en base á normativa actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario