O pasado sábado, 31 de agosto, gracias á hospitalidade de varios produtores e produtoras agroalimentarias do territorio, celebramos as
Xornadas de Hortas Abertas.
A través
deste orixinal evento, preto de 70 persoas residentes na cidade de A Coruña
puideron coñecer in situ as hortas do concello de Santiso, orixe das verduras e
hortalizas que varias empresas do territorio, lideradas pola Cooperativa
Melisanto, comercializan a domicilio desde fai un ano en A Coruña.
Este
servizo de comercialización de cestas a domicilio tivo como punto de partida a
iniciativa promocional Citas Expréss:
atopa ó teu horticultor ideal, que promovemos o pasado 15 de setembro. Actualmente, distintas empresas agroalimentarias
do territorio se uniron a esta iniciativa polo que actualmente, ademais de
verduras, hortalizas e cogomelos, as cestas inclúen: repostería tradicional de
Melide, Queixo DOP Arzúa-Ulloa, marmeladas, galos de curral, etc.
O
itinerario completouse coa visita ás instalacións da sección de horta da Cooperativa
Melisanto e da SAT Fungocerga en Melide, onde se montan e facturan as cestas do
Teu Horticultor Ideal, así como a outras empresas e lugares de interese como, por exemplo, a granxa Aldea de Barrio de Sobrado e a Casa do
Queixo de Grixalba.
Por outra banda, aproveitamos a ocasión para presentar www.manxares.com, dedicada a promover e
apoiar a produción agroalimentaria do territorio e que pretende ser un
escaparate da calidade e da variedade de produtos que poden atoparse nas
comarcas de Arzúa e Melide e nos concellos de Curtis e Vilasantar. Entre todos
os que participan en manxares.com atópanse, como non, aqueles que exerceron de
anfitrións nestas Xornadas.
Esta iniciativa contou coa atención dos informativos da TVG, podedes ver a reportaxe no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario