O sábado 4 de maio o GDR Ulla Tambre Mandeo celebrou o último bloque temático do curso de Usos
Alternativos do Monte, dedicado á apicultura.
A xornada comezou pola mañá coa formación exclusivamente teórica, onde o
alumnado se familiarizou coa técnica de cría das abellas, co funcionamento das
colmeas e ca produción de mel, en especial, aquela con certificación ecolóxica.
Xa na tarde, os asistentes desprazáronse ó Museo Vivente do Mel onde realizaron prácticas de apicultura como, por exemplo, preparar os cadros dos panais, colocar a cera das colmeas; realizar as tarefas de coidado das abellas, etc. As horas lectivas foron impartidas por persoal do Enredo do Abelleiro, profundos coñecedores do mundo apícola que lograron implicar ó alumnado en todas as tarefas de maneira entretida e pedagóxica.

Con esta xornada remata o Curso de Usos Alternativos do Monte organizado
polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, o cal espertou gran
interese na poboación do territorio, esgotando as prazas de asistencia en menos
dunha semana. A última acción que se contempla para o alumnado é a realización
dunha visita formativa a finais de maio á empresa Ervas Finas, en Portugal,
dedicada á produción de herbas aromáticas e medicinais sobre todo para alta
cociña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario