Este ano, a Asemblea Xeral estivo precedida dun moi
divertido e produtivo café-diálogo.
O café diálogo é unha técnica que nos permite descubrir a sabedoría colectiva,
compartir o coñecemento e estimular o pensamento innovador. Este café
permitiunos ter un momento de relax para profundar nas nosas relacións e
involucrarnos un pouco máis no funcionamento do GDR. De aquí saíron valiosas
ideas, que quedan escritas, no papel e na memoria de cada un de nós. Grazas á
participación de todos, especialmente ás nosas anfitrioas, que conseguiron
sacar o mellor de todos nós.
O café estruturouse en tres mesas, cada mesa tiña unha
cartulina na que había escrita unha pregunta, e os presentes foron rotando de
mesa en mesa e escribindo as súas ideas na cartulina, ó tempo que falaban. As
anfitrioas eran as únicas que non rotaban, moderaban o debate e introducían ó
tema cando había rotación da xente polas diferentes mesas. Foron tamén as
encargadas de contarnos a todos as principais conclusións, que aquí vos
deixamos resumidas:
Na mesa de
Matilde Pallares, da Asociación Turismo de Aldea, falamos de cómo nos podemos
organizar no GDR para facer un traballo conxunto, cooperar, mellorar a
comunicación e a coordinación e aproveitar os coñecementos de cada un de nós
para construír unha estratexia máis rica.
Aquí xurdiron ideas que inclúen xuntanzas e visitas
informativas. Vos deixamos todas as aportacións:
-
Reuníndonos
en mesas redondas de maneira informal e falando todos, expoñendo as iniciativas
de cada un. Contando as experiencias propias, boas e malas.
-
Visitar
cada proxecto que se realizou no GDR, e incluso de outros proxectos ou
programas que están funcionando.
-
Temos
que ser menos egoístas e localistas e pensar no beneficio xeral. Acudir ó GDR
pensando máis no que podemos aportar que no que podemos sacar de beneficio. Apostar
pola busca do beneficio xeral de todo o territorio.
-
Organizarnos
en equipos ou grupos por temáticas concretas, co fin de desenvolver iniciativas
moito máis especializadas.
-
Facer
unha xuntanza anual cos GDR limítrofes e expoñer os traballos realizados,
viaxes, promocións, etc. de cada un.
-
Realizar
unha labor de síntese de toda a información relevante do territorio: turística,
empresarial, cultural, patrimonial, gastronómica, etc. co fin de poder
consultala e utilizala para futuras iniciativas.
Chus Novo, da
Asociación Cultural e Veciñal do Milenio de Boimorto, fixo de anfitrioa para
responder á pregunta: Qué podemos facer desde o GDR para incrementar a participación, información
e implicación dos membros do GDR?
-
Sería
interesante que todos os membros desta Asociación tomáramos cartas en expoñer
os seus proxectos aos cidadáns para que
estes tiveran información dos mesmos. Facer, cada un de nós, de embaixador ou
embaixadora do GDR. Propoño que cada un da asemblea teña unha responsabilidade
(ir a informar, expoñer experiencias, animar a que soliciten ou presenten
proxectos)
-
Fomentar
a participación activa de todos os membros da asemblea nas iniciativas
que leva a cabo o GDR, é dicir, encomendarlles responsabilidades e labores: visitar
os proxectos subvencionados, participar nas xornadas ou seminarios organizadas,
etc.
-
Deseñar
material audiovisual ou folletos da actividade que realiza a Asociación para
manter permanentemente informados ós membros do GDR da mesma, de maneira que se
familiaricen co seu funcionamento.
-
Traballar
pola realización de proxectos que poidan ser levados a cabo en común polos dez
concellos do territorio e que xeren un beneficio xeral así como unha
repercusión mediática, por exemplo, un centro de recollida de animais.
Por último, Chus
López, en representación do Concello de Melide, fixo de anfitrioa na mesa do
café que pretendía buscar accións para que a información do que é o GDR, o que
fai, para que serve, chegue a máis xente. O obxectivo era buscar solucións para
que todo o mundo saiba da existencia do GDR e das axudas do Leader?
-
Propoñemos
que cada vez que o persoal do GDR da unha charla nalgún sitio sexa acompañado
polas persoas desa zona que sexan da directiva ou da asemblea.
-
Propoñemos
que nos colexios, sería un lugar moi axeitado para dar a coñecer a existencia
do GDR e o Programa Leader. Pensamos que a plublicitación é importantísima
neste senso, creando así unha canteira para o futuro.
-
Facendo
máis partícipes ás asociacións veciñais, rurais, … Creando proxectos
específicos para as asociacións. Os membros do GDR temos que preocuparnos de
informar ás asociacións sobre as axudas e animalos a presentar proxectos. Tamén
nós temos que buscar proxectos interesantes para solicitar axudas ó Programa
Leader.
-
Propoñemos
facer máis asiduamente charlas informativas orientado ós diferentes sectores
explicando claramente e informando sobre o GDR e a existencia das axudas do
Leader, entregando folletos e visualizando vídeos atractivos sobre o GDR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario