Este sábado celebrouse a
última xornada do bloque temático de herbas aromáticas e medicinais dentro do
curso de Usos alternativos do monte organizado polo Grupo de
Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo na Escola de Agricultura Ecolóxica de
Vilasantar.
Nesta xornada, o alumnado seguiu profundando nas propiedades
medicinais das plantas máis coñecidas, as distintas prácticas e tratamentos
para evitar e controlar as pragas, os criterios e tarefas de recolección neste
tipo de cultivos así como os segredos para levar a cabo esta actividade
económica con éxito. Do mesmo xeito, tamén puideron examinar as distintas
plantas que existen no xardín da Escola de Vilasantar e comprobar a xerminación
da sementeira que comezaron a semana pasada.
Desde o GDR Ulla Tambre Mandeo considerouse este curso de sumo interese
polas posibilidades que o cultivo destes produtos alternativos: herbas
aromáticas, plantas medicinais, plantas de froitos silvestres, etc. pode
supoñer en parcelas forestais que non se axeitan á explotación madeireira ou,
incluso, como cultivo combinado coas plantacións regulares.
O Curso de Usos Alternativos do Monte reanudarase
o 6 de abril co módulo dedicado ó cultivo dos pequenos froitos do bosque,
cunha xornada de 8 horas que tamén se desenvolverá na Escola de Agricultura
Ecolóxica de Vilasantar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario