NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 dic 2012

Éxito da Feria de Agasallos Locais para Nadal de Melide

Este fin de semana foi de traballo intenso, como xa sabedes os que seguides a cotío esta bitácora virtual, celebrábase en Melide a Feira de Agasallos da Terra para Nadal, organizada polo Concello de Melide coa colaboración e participación do GDR Ulla Tambre Mandeo así como de ASETEM CCA.
 
Pese ás malas condicións climáticas os expositores e expositoras da Feira prepararon con ilusión e bo facer os seus stands amosándonos a riqueza do territorio tanto nos produtos gastronómicos típicos como no restos dos elementos: artesanía, turismo e actividades, música, etc.
 
Entre todos conseguiron crear un entrañable ambiente que animou a numerosas persoas a visitar a Feira e coñecer os produtos locais.
 
Ó igual que o Concello de Melide, desde o GDR Ulla Tambre Mandeo, queremos agracecerlles a todose a todas os seus esforzos e amosar a nosa satisfacción polo desenvolvemento da Feira, agardamos que para o ano o tempo nos acompañe máis!

 
 

Os medios de comunicación fixeron un seguimento excepcional do que podedes atopar unha pequena mostra nos seguintes enlaces:

Coñecer Galicia-Radio Galega, 15.12.2012

La Voz de Galicia, 16.12.2012

El Corrreo Gallego, 16.12.2012

El Correo Gallego, 17.12.2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario