Este fin de semana celébrase en Melide a Feira de
Agasallos da Terra para Nadal, o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo,
ademais de colaborar activamente na organización da mesma, está presente co seu
propio stand e organiza algunhas das actividades recollidas no programa da
mesma. A lista de expositores xa está
pechada, á Feira acudirán unha vintena de expositores de produtos gastronómicos
locais (mel, queixo, doces, licores, verduras, etc) así como unha decena de
representantes da mellor artesanía local (madeira, pedra e forxa), grupos e
bandas locais coa súa mellor música e asociacións de turismo coas mellores
ofertas en aloxamentos e restauración.
O apoio do GDR a esta iniciativa foi total posto
que defende un dos obxectivos básicos que busca o Programa Leader, fomentar e
difundir o consumo dos nosos produtos e produtores locais.
Desta maneira, no seo da Feira o GDR organiza un curso
de empaquetado creativo de regalos para todas aquelas persoas que desexen
aprender estas técnicas de cara ás próximas Festas, a prestación dun servizo
de asistencia de compras para todas aquelas persoas que se acheguen e teñan
dúbidas sobre con que agasallar ós seus seres queridos e, por último, un posto
de empaquetado e decoración gratuíto no caso de que os asistentes se
decidan por mercar distintos produtos gastronómicos e deseñar a súa propia
cesta de Nadal con produtos locais.
Nesta liña e para darlle todas as facilidades
posibles ás persoas interesadas en deseñar e mercar a súa cesta de Nadal
habilitouse unha bitácora (blog) no que se poden facer os pedidos,
soamente durante esta semana. O cliente entra na web, fai o seu pedido por correo
electrónico, e durante a semana do 17 ó 22 recibirá á cesta na súa casa, que
pagará contra reembolso. O custe de envío é de 4 euros. O blog é www.agasalloslocais.blogspot.com
Ademais disto, os propios expositores da Feira
están poñendo todo o seu esforzo para que os asistentes poidan gozar dun evento
orixinal e cheo de actividades e atractivos, algunhas das iniciativas
que se están preparando son as seguintes:
-
a
Asociación Triemociones, que terá un stand dedicado ó turismo rural, convidará
ós asistentes a unha saborosa chocolatada o sábado á tarde
-
a
banda de música Os Melidaos, que venderán no seu stand o seu CD musical,
amenizarán os días de Feira con actuacións en vivo
-
Triskel e Casa Alongos, empresas de doces
artesáns tradicionais e viños e licores respectivamente, ofertarán
conxuntamente unha maridaxe-degustación dos seus produtos que leva por nome
“artesanía dos sabores” e que conterá creacións gastronómicas sorpresa
-
a
empresa Xaneiro, produtor de cogomelos e verduras en conserva, confeccionará
unhas estupendas empanadas de setas.
En definitiva, desde o GDR cremos que será
unha ocasión única para coñecer e mercar os nosos produtos así como para pasar
unha estupenda fin de semana na compaña do mellor sabor, música e artesanía
local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario