NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




19 nov 2012

Reunión da Xunta Directiva do GDR UTM

Hoxe, 19 de novembro de 2012, celebrarase as 12.30 horas, en primeria convocatoria, e as 13.00 horas en segunda unha reunión da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.

A reunión consta da seguinte orde do día:

1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
2.     Xestión do Programa Leader: estado de situación e resolución de expedientes
3.     Plan de difusión e adquisición de capacidades: planificación e adopción de acordos
4.     Estado de situación do pago das cotas de asociados: adopción de acordos
5.     Estado de situación das contas bancarias da Asociación: adopción de acordos.
6.     Solicitude de gastos de funcionamento con cargo á medida 431.a) da anualidade 2013
7.     Informes da presidencia
8.     Rogos e preguntas

 
Como podedes ver, ademais de continuar co seu cometido principal: a xestión do Programa Leader, a Xunta Directiva tratará nesta reunión temas de vital importancia para o funcionamento diario do GDR así como a planificación anual das actuacións de difusión do programa e adquisición de capacidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario