Como xa sabedes os que seguides a actualidade do GDR Ulla Tambre Mandeo, estamos colaborando co Concello de Melide na organización dunha Feira de Agasallos locais de Nadal. Esta Feira celebrarase na vila de Melide os vindeiros días 15 e 16 de decembro.
O obxectivo é fomentar a compra de agasallos producidos e comercializados no noso territorio para que, ó tempo que lles amosamos ós nosos o moito que nos importan agasallándoos con produtos orixinais, exclusivos e de primeirísima calidade; poidamos actuar positivamente na nosa economía. Así gañaremos todos.
Neste momento da organización, animamos desde esta bitácora virtual, a todas aquelas persoas que produzan e comercialicen nos nosos dez concellos a participar nesta feira, a primeira das súas características que se celebra no ámbito do GDR UTM.
Podedes apuntarvos para participar nos seguintes teléfonos. Terá que ser antes do venres 30 de novembro, que cerramos a lista de expositores e nos poñemos co seguinte paso na organización do evento.
981 511 377 GDR Ulla Tambre Mandeo
981 505 003 Concello de Melide.
AVISO A PRODUTORES LOCAIS RADIO
No hay comentarios:
Publicar un comentario