NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 mar 2014

Impresos de solicitude de axuda

Xa están dispoñibles neste blog os impresos para solicitar unha axuda do Programa Leader Galiza 2007-2013 no Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo.

Na marxe esquerda figuran os enlaces dos seguintes documentos normalizados:

1. Modelo de solicitude.
2. Modelo de declaración doutras axudas solicitadas e/ou elixidas.
3. Modelo de resumo do proxecto e plan de empresa (para proxectos produtivos).
4. Modelo de resumo do proxecto e plan de xestión (para proxectos non produtivos).
5. Modelo de orzamento detallado dos investimentos.
6. Modelo de relación de ofertas de provedores.

7. Compromisos varios do GDR Ulla Tambre Mandeo, documentación relativa ós compromisos do promotor susceptibles de puntuación no baremo de valoración do GDR.

8. Resumo da documentación a aportar na solicitude xunto cos modelos normalizados.

Para calquera dúbida ou consulta, o equipo técnico do GDR está dispoñible no enderezo de correo electrónico utm23gdr@yahoo.es, e, coma sempre, na oficina técnica en O Pedrouzo (O Pino).

13 mar 2014

Nova convocatoria de axudas Leader Ulla Tambre Mandeo 2014-2015

Xa está aberta, dende onte, a convocatoria de axudas do Programa Leader. Podes solicitar a subvención dende hoxe ata o próximo 31 de marzo do 2015.
Publícase aquí a convocatoria que rexerá as axudas para este novo período.
Se vas investir en algún dos dez concellos do GDR (Comarca de Arzúa, Comarca de Melide, Curtis ou Vilasantar) pasa pola nosa oficina e infórmate!
Descarga o réxime de axudas aquí:
Convocatoria de axudas Leader Ulla Tambre Mandeo

12 mar 2014

Abre unha nova convocatoria de axudas do Programa Leader no Ulla Tambre Mandeo


Ante o reparto orzamentario do que o GDR Ulla Tambre Mandeo opta a 1.250.000 para axudas a fondo perdido no periodo 2014-2015 do Programa Leader, onte reuníronse os membros da Xunta Directiva para dar paso a un novo periodo de solicitude de axudas.
Polo tanto, todas aquelas persoas ou empresas que vaian facer un investimento nalgún dos dez concellos do GDR (Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar) poden solicitar, desde hoxe, as axudas do Leader ou pedir información sobre as mesmas na sede do Ulla Tambre Mandeo, situada en Pedrouzo-Arca (O Pino). Do mesmo xeito, tanto o financiamento como a convocatoria de axudas que rixe as solicitudes atopanse inseridas neste blog.
Como no periodo anterior, as axudas poden solicitarse tanto para investimentos no sector agrario e forestal como para outros, sempre e cando teñan un certo carácter innovador e non estean iniciados no momento da solicitude. A subvención, a fondo perdido, varía entre un 20 e un 45% segundo as características da solicitude. O baremo de valoración está incluído na convocatoria de axudas.
Por outra banda, os proxectos pendentes do periodo anterior, e que contan con prioridade na adxudicación de fondos do novo cadro financeiro, seguen co procedemento administrativo; polo que onte, na reunión da Xunta Directiva, seleccionaronse tres novas iniciativas como beneficiarias dunha axuda Leader.
Concretamente, aprobouse un proxecto destinado á mellora da eficiencia enerxética e á implantación das TIC nunha explotación de vacún de leite radicada en Touro; os investimentos inclúen a adquisición dun carro mezclador, un arrimador autónomo de pesebre e na automatización do sistema de muxido. As demais iniciativas consisten na modernización do parque de maquinaria de dúas empresas de servizos forestais e agrícolas de Arzúa e Curtis e na posta en marcha dun taller de reparación de vehículos e maquinaria agrícola en Touro.
O financiamento destas tres novas iniciativas supón un importe en concepto de axudas concedidas de preto de 245.000 €, cun investimento privado de 1.600.000 €.
Na reunión de onte, celebrada no Centro Etnográfico do Mandeo, a Xunta Directiva amosouse moi esperanzada con este novo periodo que comeza hoxe, pois na oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural houbo xa numerosas consultas de proxectos innovadores que xerarán dinamización económica e oportunidades laborais nos dous anos que quedan por diante.

Noticia da reunión en El Correo Gallego

Noticia en la web del concello de Curtis

 


14 feb 2014

Dous novos proxectos seleccionados como beneficiarios dunha axuda Leader

O pasado martes 11 de febrero de 2014 celebrouse una reunión extraordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.
 
Na reunión resultaron seleccionadas dúas novas iniciativas como beneficiarias dunha axuda Leader no territorio, subvencionables con cargo á ampliación de fondos do Programa nas anualidades 2014 e 2015.
 
Por unha banda, aprobouse o proxecto "Modernización de empresa de servizos agroforestais", promovido por Traballos agrícolas e forestais Avelino SL en Cardeiro, no concello de Boimorto. O proxecto inclúe a adquisición de maquinaria agraria e forestal coas últimas innovacións tecnolóxicas, co obxectivo de ofertar un servizo competitivo, eficiente e de calidade. A entidade promotora presentou un orzamento total de preto de 560.000 € dos cales se aceptaron 300.000 €, a axuda proposta polo GDR segundo o baremo de valoración supón un 28,52% do mesmo. 
 
 
O segundo do proxectos seleccionados denomínase "Robot de muxido en Foxado, Curtis", está promovido pola entidade Abeledo SC no concello de Curtis. O proxecto inclúe a adquisición e instalación dun moderno robot de muxido na explotación de leite de vacún que explota a sociedade. Os obxectivos deste investimento son diminuír os custes da explotación e incrementar a rendibilidade da mesma, mellorando tanto a calidade como a cantidade do produto final a través dunha mellor xestión do muxido. O orzamento presentado por Abeledo SC ascende ós 110.000 €, dos cales se subvencionará segundo o baremo de valoración do GDR un 27,39 %.
  
Desde a Xunta Directiva do GDR amósanse satisfeitos de continuar colaborando na xestión do Leader e de que a ampliación do Programa sirva para seguir axudando ós promotores e promotoras do territorio coas súas iniciativas, co obxectivo último de impulsar o desenvolvemento do mesmo.
 
 
 

2 ene 2014

Fondos dispoñibles para as anualidades 2014 e 2015

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo continúa coa xestión do Programa Leader durante as anualidades 2014 e 2015 gracias á dotación de novos fondos que a Xunta ven de facer públicos.
Grazas a este orzamento, o GDR poderá financiar os proxectos que ten en reserva, así como abrir unha nova convotacotoria de axudas para que novos proxectos poidan facer a súa solicitude.
O GDR Ulla Tambre Mandeo incrementa a súa financiación, con pequenas variacións respecto a anos anteriores do programa: