NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




14 feb 2014

Dous novos proxectos seleccionados como beneficiarios dunha axuda Leader

O pasado martes 11 de febrero de 2014 celebrouse una reunión extraordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.
 
Na reunión resultaron seleccionadas dúas novas iniciativas como beneficiarias dunha axuda Leader no territorio, subvencionables con cargo á ampliación de fondos do Programa nas anualidades 2014 e 2015.
 
Por unha banda, aprobouse o proxecto "Modernización de empresa de servizos agroforestais", promovido por Traballos agrícolas e forestais Avelino SL en Cardeiro, no concello de Boimorto. O proxecto inclúe a adquisición de maquinaria agraria e forestal coas últimas innovacións tecnolóxicas, co obxectivo de ofertar un servizo competitivo, eficiente e de calidade. A entidade promotora presentou un orzamento total de preto de 560.000 € dos cales se aceptaron 300.000 €, a axuda proposta polo GDR segundo o baremo de valoración supón un 28,52% do mesmo. 
 
 
O segundo do proxectos seleccionados denomínase "Robot de muxido en Foxado, Curtis", está promovido pola entidade Abeledo SC no concello de Curtis. O proxecto inclúe a adquisición e instalación dun moderno robot de muxido na explotación de leite de vacún que explota a sociedade. Os obxectivos deste investimento son diminuír os custes da explotación e incrementar a rendibilidade da mesma, mellorando tanto a calidade como a cantidade do produto final a través dunha mellor xestión do muxido. O orzamento presentado por Abeledo SC ascende ós 110.000 €, dos cales se subvencionará segundo o baremo de valoración do GDR un 27,39 %.
  
Desde a Xunta Directiva do GDR amósanse satisfeitos de continuar colaborando na xestión do Leader e de que a ampliación do Programa sirva para seguir axudando ós promotores e promotoras do territorio coas súas iniciativas, co obxectivo último de impulsar o desenvolvemento do mesmo.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario