O pasado martes 29 de marzo celebrouse a reunión da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo coa cal se pon o punto de partida para o proceso participativo para a elaboración dunha estratexia de desenvolvemento local integral do territorio, baixo a que aplicar os fondos do futuro Leader 2014-2020.
A partir de hoxe, o GDR Ulla Tambre Mandeo, dará comezo ás actividades coas que levar a cabo un proceso de participación da comunidade local de calidade, co que delimitar a senda do desenvolvemento que debe seguir o territorio. No seu deseño, agárdase que exista unha participación masiva tanto das entidades que conforman a base social actual do GDR Ulla Tambre Mandeo como da poboación en xeral.
Desta forma, será a poboación do territorio, unha vez máis e como é xa tradición con respecto ó Leader, a que diagnostique a situación socioeconómica actual dos concellos integrantes do GDR, delimite os obxectivos en termos de desenvolvemento que se desexan conseguir e, finalmente, especifique o plan de accións que se debe executar; sempre a través dunha perspectiva integradora e innovadora.
Desde o GDR Ulla Tambre Mandeo animámosvos a todas e a todos a participar neste traballo conxunto, co obxectivo de conseguir unha estratexia de futuro para o noso territorio.
Nesta bitácora virtual iremos publicando cumprida información do proceso, ademáis, tanto o correo electrónico do GDR como o teléfono de contacto estarán plenamente operativos para todas as aportacións ou suxestións que desexedes facer:
Correo: utm23gdr@yahoo.es
Tlfno GDR: 981 511 377
Nesta bitácora virtual iremos publicando cumprida información do proceso, ademáis, tanto o correo electrónico do GDR como o teléfono de contacto estarán plenamente operativos para todas as aportacións ou suxestións que desexedes facer:
Correo: utm23gdr@yahoo.es
Tlfno GDR: 981 511 377
No rural decides ti, participa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario