Todas aquelas
persoas que produzan e comercialicen nos dez concellos do GDR Ulla Tambre
Mandeo podedes reservar xa o voso propio espazo na Feira de Agasallos Locais
que se celebrará o vindeiro 13 e 14 de decembro.
Podedes
apuntarvos no teléfono 981 511 377 ou mediante un correo electrónico ó enderezo
utm23gdr@yahoo.es.
Por outra banda, o vindeiro venres 21 de novembro en Melide, ás 12.30 horas no
Telecentro Melisanto, celebraremos unha reunión informativa para os expositores que
participen onde se dará cumprida información da organización da Feira e se
tratarán os seguintes temas:
- Organización do
espazo da Feira (zonas, stands, distribución, necesidades especiais, etc.)
- Actividades
complementarias que se poñerán en marcha por parte das entidades
organizadoras para a atracción de público obxectivo.
- Actividades
complementarias destinadas ós expositores da Feira.
- Suxerencias de
novas actividades por parte dos expositores.
Para confirmar a
asistencia á reunión informativa, podedes dirixirvos ós mesmos datos de
contacto.
Consigamos que
este Nadal se agasalle con produto local!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario