Despois do período vacacional, comeza o mes de setembro e con el; a recta final para que todas aquelas persoas con proxectos beneficiarios dunha axuda Leader, acheguen a documentación necesaria para realizar a xustificación dos seus investimentos.
Lembrade! A data límite para todos e todas é o 30 de setembro; para evitar posibles erros ou omisións pola aglomeración e a urxencia propia dos últimos días, desde o equipo técnico, recomendamos que non se esgote o prazo e que se realice una visita previa ó día 15 á oficina do GDR, co fin de avaliar o grado de cumprimento na xustificación documental.
Ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario