NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




17 dic 2013

Encontro de Empresas Leader

Foi moi divertido e produtivo o encontro entre empresas beneficiarias dunha axuda Leader deste período 2007-2013. Empezamos cunha presentación na que se buscaba xerar sinerxías, buscar a maneira de colaborar entre elas, e atopouse! porque unha das principais conclusións foi que había que ter un grupo de comunicación entre empresas Leader máis constante, para que as colaboracións, que resulta obvio que serían beneficiosas, poidan existir.

As persoas que alí se atopaban mostrábanse un pouco tímidas ó principio, pero despois non había quen as fixese calar!! jeje.

Tras a presentación, moito máis extensa e participativa do que nun principio estaba previsto, pasamos o café-diálogo. Había dous temas de debate, as mellores cousas do Programa Leader, aquelas que hai que potenciar tamén para o período 2014-2020 e aquelas cousas... non digamos malas, digamos mellorables e ideas novas, innovadoras, rompedoras, que poidan axudar a que o programa teña maior repercursión no desenvolvemento do rural.

Das cousas boas encargábase, como anfitrión, Jesús Esturao, de Touro (Gracias Jesús). A principal conclusión foi que o mellor do Leader era o equipo técnico! Aínda que a Conselleira, Dona Rosa Quintana dixo que "a máis pelota, menos nota" nós estamos encantadas!! E sobre todo, alegrámonos de gustarlles máis que os cartos, que recibiron a fondo perdido, e que lles axudaron a poñer os negocios en marcha!

Na segunda mesa estaba Chus Novo, como anfitriona (mil gracias, Chus). Dentro das cousas a mellorar ou implantar, destacamos dúas: unha, os prazos de tramitación, que todos afirmaron que eran demasiado prolongados. Aínda que oficialmente hai dous meses para o primeiro informe que emite a Xunta, normalmente pasa máis tempo ata que nos chega, e iso retrasa os trámites. Don Antonio Crespo destacou a importante labor do persoal técnico de Agader, cunha gran carga de traballo, pero comprometeuse a revisar a organización do traballo para intentar reducir eses tempos, tan importantes, ás veces, para a posta en marcha dunha empresa.

O segundo factor a introducir, que os presentes sinalaron, foi un maior protagonismo do GDR en si, tanto na súa autonomía para determinar a estratexia a nivel local, para poder potenciar aqueles recursos endóxenos máis importantes, como na tramitación de papeis, coa posibilidade, que apuntaron, de facer de portelo único e incrementar o número de trámites que se puideran facer a través dos GDRs coa administración, e por último, as empresas presentes pediron tamén un seguimento máis detallado dos proxectos, con axuda para a elaboración do plan de empresa e asesoramento nos trámites de creación, permisos, licencias etc...
A Conselleira, Dona Rosa Quintana, foi a encargada de transmitir que varias consellerías traballan xuntas para facer do rural un lugar cunha alta calidade de vida, e un nivel de renda máis elevado, para o cal os Grupos de Desenvolvemento Rural teñen, e seguirán tendo, o seu papel, como xestores do Leader.

Aquí queda a proba gráfica do encontro... o primeiro de moitos máis! moitísimas gracias a empresas e políticos por acudir a esta cita tan importante! sen o voso apoio o GDR non podería existir!






No hay comentarios:

Publicar un comentario