NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 jun 2013

PROMOCIÓN DOS PRODUTOS LOCAIS NA FEIRA DO GALO PIÑEIRO DO PINO

Os produtos con valor engadido local volverán ser os protagonistas das actividades organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural. A fin de semana do 3 e 4 de agosto, o GDR participará cun espazo na feira do Galo Piñeiro organizada polo concello de O Pino no que se fará unha exposición de tódolos produtos do territorio do Ulla Tambre Mandeo (recordamos para os despistados: Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar).
 
Por iso esta entrada no blog é un chamamento ó empresariado local: se tes un produto agroalimentario ou turístico de calidade, ponte en contacto con nós para que estea representado no expositor do GDR.
 
Imos poñer dúas zonas, unha agroalimentaria e outra turística.

Se tes un produto agroalimentario de calidade e local terás que proporcionarnos aquel material necesario (produto, folletos...) para facer un posto atractivo. Ademais, se queres reservar un espazo e tempo para facer algunha actividade, tamén o podes solicitar. As actividades poden consistir en exhibicións, catas, degustacións... Recorda que todo aquilo específico que se necesite para a conservación do produto, como neveiras ou outros elementos, debes traelo ti. O stand solo conta coas paredes e nós nos encargamos da colocación, a decoración e a atención do posto.

Se pertences ó sector turístico tamén podes traer información, folletos, fotos, bonos ou o que queiras, teremos un recuncho reservado para a promoción turística da zona.

Esperamos a participación de tódolos axentes do UTM neste evento! xuntos traballamos máis e mellor!!!
 
Moitas grazas ó concello do Pino pola invitación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario