Xa vos podedes apuntar ó curso que o IDC e o GDR poñen en marcha na segunda semana de xullo. Vai ser un curso moi práctico dirixido a todo aquel que teña interese por contar do noso patrimonio. E para o último día, sábado 13, temos pensado facer unha saída a visitar eses elementos que aprenderemos a comunicar.
Se che interesa este curso, apúntate xa!
Aquí vos deixamos o programa:
Módulo
1- Coñecendo un pouco máis o noso entorno.
·
Presentación
e breve descripción dos recursos da zona.
·
Cómo
procurar información sobre distintos recursos da zona.
Módulo
2- Comunicación para todas as persoas.
·
Turismo
inclusivo.
· A
Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación eficaz.
·
Coñecendo
as técnicas da Interpretación do Patrimonio.
Módulo
3- Aprendendo un pouco máis sobre a diversidade.
·
Atención
de calidade a persoas con discapacidade.
·
Cómo
elaborar textos de fácil lectura para todos.
·
Traballando
con cartas e folletos para todos.
Módulo
4- Cómo podemos comunicar o noso patrimonio de forma eficaz.
·
A
actitude do comunicador.
·
Cómo
elaborar textos interpretativos.
·
Preparación
da parte práctica.
Módulo
5- Prácticas.
·
Parte
práctica que terán que levar a cabo os alumnos e alumnas sobre o aprendido
durante o curso.
·
Visita
de prácticas a algún lugar con interese patrimonial na zona.
Precisamente das novas iniciativas que está a estudar e planificar o GDR falou a técnica do Grupo, María Mellid, no Espazo Leader de Radio Melide esta mañá. Aquí vos deixamos o enlace por se queredes escoitalo:
Espazo Leader, 13 de xuño de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario