O GDR comeza a poñer en marcha as iniciativas de difusión e promoción do territorio planificadas para esta anualidade 2013.
Entre as distintas actividades propostas e aprobadas pola Xunta Directiva na última reunión celebrada, destaca a de levar a cabo un Curso informativo e ilustrativo sobre os aproveitamentos do monte distintos á explotación forestal da madeira como a apicultura, a plantación e explotación de froitos silvestres e o cultivo de plantas aromáticas.
O curso terá un carácter teórico e práctico e desenvolverase en tres bloques independentes para poder facilitar a asistencia do maior número de persoas posible; levarase a cabo entre os meses de marzo e maio cun aforo limitado de quince prazas por módulo.
O lugar escollido para impartilo será a Escola Ecolóxica de Vilasantar, un lugar ideal para este tipo de formación posto que conta cunhas instalacións únicas no conxunto do territorio.
Se estades interesadas ou interesados en inscribirvos nesta actividade, podedes facelo xa chamando ó teléfono da oficina técnica do GDR 981 511 377 ou escribindo ó correo electrónico utm23gdr@yahoo.es.
Podedes atopar todos os detalles sobre este curso no seguinte enlace do programa Espazo Leader de Radio Melide.
e logo tan complicado é poñer os detalles do curso nesta entrada ou un enlace a un documento escrito?
ResponderEliminarPenso que sería máis doado para todos/as. Grazas.
Ímolos poñer agora mesmo. Tes razón. Gracias por seguir o noso blog.
Eliminar