NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




10 dic 2012

Feira de Agasallos Locais 15 e 16 de decembro en Melide


 
Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, O Pino, 10 de decembro de 2013.

O pasado venres, 7 de decembro, presentouse en Melide a Feira de Agasallos Locais para Nadal que se celebrará en Melide a próxima fin de semana, sábado 15 pola tarde e domingo 16.

A alcaldesa de Melide, dona Ángeles Vázquez, abriu a presentación, como representante do Concello, organismo organizador do evento. Ángeles indicou que o obxectivo desta feira é dar a coñecer a riqueza e variedade de produtos de calidade que temos no noso contorno, coa finalidade de axudar ó consumidor final a buscar un agasallo diferente, orixinal e único, ó tempo que contribúe o desenvolvemento rural.

Ángeles explicou que a feira estará dividida en dúas seccións, por unha parte a sección de Cestas de Nadal, onde haberá unha serie de expositores con produtos da terra dos concellos implicados, os do Ulla Tambre Mandeo (comarca de Melide, comarca de Arzúa, Curtis e Vilasantar). O visitante poderá elixir entre mel, ricos, melindres, almendoados, setas ou grelos en bote, licores, ovos campeiros, embutidos e moito máis. Unha vez o visitante teña os produtos que desexa (degustar ou agasallar), terá a opción de ir ó posto das cestas a que lle dean a imaxe perfecta para converterse en agasallo. Neste posto haberá unha persoa dedicada á elaboración de cestas.

Para todos aqueles que desexen mercar a cesta pero non poidan asistir á feira, Ángeles explica que hai unha bitácora (blog) no que se poden facer os pedidos, soamente durante esta semana. O cliente entra na web, fai o seu pedido por correo electrónico, e durante a semana do 17 ó 22 recibirá á cesta na súa casa, que pagará contra reembolso. O custe de envío é de 4 euros. O blog é www.agasalloslocais.blogspot.com

A segunda sección da feira estará dedicada a outro tipo de agasallos, tamén do territorio do UTM. Aquí poderemos atopar música local, artesanía, tallas en pedra e madeira, instrumentos, bonos de turismo rural… Se o visitante non ten idea de qué regalar, ou quere algún consello, terá a súa disposición un/unha asistente persoal de compras (personal shopper) que, segundo o orzamento e número de regalos a comprar, o guiará pola feira intentando ofrecerlle as mellores opcións.

A Alcaldesa de Melide, agradeceu por último ó Grupo de Desenvolvemento Rural UTM o esforzo realizado nas últimas semanas no contacto cos diferentes produtores da zona, recordando, como membro da Xunta Directiva deste organismo, que poñer en contacto a diferentes axentes do territorio é unha das labores do GDR, e que neste caso, esta labor ben feita está permitindo un traballo en equipo e coordinado que fará que a feira sexa un éxito.

Don Ovidio Leiva, Presidente do GDR, toma a palabra para explicar as accións que o GDR levará a cabo de forma coordinada co concello, na organización da feira. Ademais de poñer en marcha o blog de cestas para o nadal,  e dotar á feira do Asistente persoal de compras e da persoa que elaborará as cestas, o GDR organiza, o sábado pola mañá un curso de empaquetado de regalos, porque tan importante como o contido, é darlle ó mesmo unha presentación atractiva e especial. O curso desenvolverase en horario de 11.00 a 13.00, e é necesario apuntarse, chamando ó GDR 981.511.377. Hai 25 plazas.

 

Asetem, representada pola súa presidenta, dona Sonia Valiño, tamén pon o seu graniño de area para que esta feira sexa un evento completo de potenciación dos produtos da terra, e para elo organizaron, segundo conta Sonia, unha ruta de cócteles rurais para o sábado pola noite, no que participarán uns 10 establecementos. Estes cócteles, ponches e “mexunxes” terán como principais ingredientes principais os nosos produtos: licores, augardente tostada, mel, froitos do bosque e moito máis. Hai dende a típica queimada aderezada con framboesas, ata outros combinados máis innovadores: Rebujito Melidense, Lambonada de Tostada, Cóctel A Boa Vida e moitos máis.

Santos apunta por último que esta iniciativa permitirá dar unha mellor saída ós produtos con valor engadido local, ó tempo que permite ó visitante saírse do regalo típico, facendo un máis orixinal, especial e único, e invita a tódolos melidenses a compartir esta iniciativa, co boca a boca e as redes sociais. Queremos chegar ás 2.000 visitas na bitácora e aproveitar a viralidade do facebook, polo que invitámosvos a que entredes no facebook do GDR.ullatambremandeo e compartades o cartel!
El Correo Gallego: Melide acolle a primeira feira de Agasallos Locais de Nadal

El Correo Gallego: El GDR anima a comprar polo Nadal produto local

La Voz de Galicia: unha feira promove en Melide os agasallos locais

No hay comentarios:

Publicar un comentario