NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




26 oct 2012

Xornada "Diversificación de la economía rural: elaboración artesanal de conservas vegetales"

Este sábado 27 de outubro de 2012 o GDR Ulla Tambre Mandeo organiza en Melide unha xornada para aprender a elaborar conservas caseiras de froitas e vexetais.
 
O obxectivo é conseguir que os alumnos se familiaricen coas correctas técnicas de envasado, preparación e conserva de distintos alimentos para poder sacarlle o máximo rendemento ó seu refrixerador. Do mesmo xeito, tamén se agarda que este evento sirva para que aquelas persoas que se dedican a comercializar os produtos da horta en fresco teñan unha visión máis completa destas técnicas e se animen a darlle ó seu produto un valor engadido elaborando marmeladas, cremas, conservas, prebes, etc.
 
A xornada terá unha duración de seis horas e incluirá tanto teoría como práctica, durante a mesma prepararanse na cociña do Salón Rexio de Melide distintas elaboracións artesanais como: marmelada de amorodo, conserva de cogomelos e espinacas, prebe de tomate, etc.
 
Dous produtores da zona, a SAT Fungocerga e a Cooperativa Melisanto, colaboran co GDR cedendo de maneira desinteresada todas as froitas, verduras e cogomelos que se utilizarán.

Podes ampliar esta información no seguinte enlace da prensa:

El Correo Gallego, 26 de octubre de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario