O GDR iniciará na semana do 17 de setembro a nova rolda de reunións para informar ás persoas propietarias de parcelas forestais da nova figura de ordenación do monte, as Sociedades de Fomento Forestal.
As SOFOR, baixo a forma xurídica de empresas de responsabilidade limitada, apostan por levar a cabo unha xestión colectiva do monte que permita ós pequenos propitarios obter un verdadeiro rendemento tanto da madeira como de outros aproveitamentos: froitos, mel, fungos, biomasa, etc. ó tempo que se conseguen outros beneficios máis amplos derivados dun monte ben explotado, por exemplo, un menor risco de incendios.
Despois de realizar as primeiras sesións de carácter puramente infomativo, nestas novas xuntanzas as persoas asistentes analizarán co técnico as verdadeiras posibilidades de constituír unha SOFOR a través da comprobación do cumprimento dos requisitos de superficie mínima esixida.
Animamos a todas aquelas persoas interesadas que non puideran asistir a pasada semana a achegarse nesta nova ocasión para participar nesta acción. A continuación, reflíctense os carteis coas novas datas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario