O que fixeron foi organizar un concurso no que, o día 18 de outubro, se farán 4 sorteos dunha noite de turismo rural para dúas persoas, 4 sorteos de entradas para A Casa do Queixo de Grixalba e 4 sorteos dun paseo a cabalo en Melide, tamén para dúas persoas.
Ademais, os restaurantes participantes na iniciativa, fixeron empanadas e biscoitos que venderon coa fin de recaudar fondos para Asociación Contra o Cancro, principal obxectivo da organización deste festival.
O GDR e os alumnos do curso queren dar as grazas ós organizadores do evento, que fixeron posible esta primeira aparición pública, e felicitalos por un traballo ben feito. A única mágoa, o tempo!
