O pasado 5 de xullo a xerenta do GDR, María Fernández, fixo un completo resumo da actualidade que se está a vivir no Ulla Tambre Mandeo.
Foi un mes cheo de novas como, por exemplo, a dotación de fondos extraordinarios da que tivo coñecemento a Asociación e que obrigou á Xunta Directiva a tomar acordos urxentes: activar os actuais expedientes en reserva para resolver as súas axudas, facer un modificación de fondos entre medidas subvencionables para unha correcta distribución e, finalmente, aprobar novos expedientes en reserva.
Todas estas accións encamíñanse nun único obxectivo: chegar coas axudas do Leader a maior cantidade de persoas posibles e facer a mellor xestión posible dos fondos asignados.
Do mesmo xeito, María Fernández, falou de todas aquelas iniciativas que está levando a cabo o GDR en outros ámbitos, iniciativas para lograr a mellora do territorio como destino turístico e o fomento da utilización do monte da maneira máis profesional posible; ambos obxectivos son de gran interese para a zona e enchen ás persoas que forman parte do GDR de ilusión cara ó futuro.
Podedes escoitar o programa no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario