NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




11 jul 2012

Reunión extraordinaria urxente da Xunta Directiva

O pasado xoves 5 de xullo tivo lugar no Centro Cultural Luís Seoane unha reunión extraordinaria con carácter urxente da Xunta Directiva do GDR.
A premura da reunión ven xustificada pola existencia dunha ampliación nas dispoñibilidades orzamentarias do Programa Leader que xestiona o Grupo, do que dou conta pormenorizada o seu presidente, don Ovidio Leiva.
Como consecuencia desta nova dotación de fondos a Asociación puido activar tres proxectos que, ata o de agora, figuraban aprobados en reserva.
As actuacións recollidas nestes tres proxectos son as seguintes:
- ampliación de explotación equina no concello de Sobrado, o proxecto consiste na construción dun picadeiro cuberto onde adestrar os cabalos de salto que cría o promotor. Conta cun orzamento de case 475.000 € e significará a consolidación de dous postos de traballo e á creación dun novo.
- adquisición de moderna maquinaria forestal; o promotor, un mozo de menos de trinta anos que aposta polo autoemprego, acaba de consolidar unha empresa dedicada á xestión dun viveiro forestal de castiñeiro en Boimorto. O investimento, próximo ós 112.000 €, permitiralle optimizar tanto as tarefas do seu negocio como a prestación de servizos forestais ós clientes do viveiro.
 - adquisición de procesadora forestal, o investimento promóveo un empresario individual do concello de Touro coa intención de automatizar e mellorar o proceso de talado e serrado de madeira. A procesadora significará un aforro de tempo e custes nas tarefas e un mellor resultado final no produto. O investimento de 290.000 € aproximadamente permitirá consolidar os cinco postos de traballo da empresa e a creación dun novo.
Do mesmo xeito, o GDR someteu á consideración da Xunta Directiva outros proxectos verificados polo persoal técnico de Agader á espera de ser activados no momento en que volva a existir unha nova dotación de fondos; estes  proxecto contemplan actuacións relacionadas coa ampliación e modernización dunha carpintería metálica e coa adquisición de novidosa maquinaria agrícola  para a prestación de servizos deste tipo ós agricultores e gandeiros do territorio.

Podedes consultar esta información no seguinte enlace da prensa:

Terras de Santiago, 10 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario