NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




27 jul 2012

Entrevista ó xerente do GDR Mariñas Betanzos

O pasado 28 de xuño o Espazo Leader dedicou o seu tempo a realizar unha entrevista ó xerente do GDR Mariñas Betanzos, Jorge Blanco. Este grupo conta con dezaseis concellos no seu ámbito de actuación pertencentes ás comarcas da Coruña e Betanzos.
Jorge leva máis de quince anos inmerso no mundo do apoio ó desenvolvemento rural obtendo moi bos resultados no territorio que xestiona e levando a cabo, ademais da propia xestión do Leader no seu territorio, numerosas iniciativas no mundo da cooperación.
A súa gran experiencia e dedicación permítenos ter outra perspectiva tanto das posibilidades como das debilidades do rural galego.


Podedes escoitar a entrevista íntegra no seguinte enlace:




16 jul 2012

CONCURSO: Elixe un nome para o destino turístico do Ulla Tambre Mandeo



Pon a andar tu creatividad! necesitamos un nombre para nuestro destino turístico. Para el que dé con él habrá premio!


Cuál es el premio? alojamiento y cena para dos en alguna de las casas de turismo rural del territorio.


Qué nombre buscamos? El que nos defina
...
Qué debe sugerir? Todo lo que aquí somos y tenemos:

Tradición, cultura, arte, belleza, artesanía, relax, paz, naturaleza, familiaridad...

Modernidad, confort, tendencia, innovación, profesionalidad...

Gastronomía, calidad, sabor, experiencia, viños e tapas, diversión, vivencia...

Ríos, vida, agua, fertilidad, sensualidad, pasión, emoción...

Camino de Santiago, esprituralidad, fe, leyenda, magia, druídas, meigas, Historia, patrimonio...

Como participar: Recoge todo esto en dos palabras y envíalas por correo electrónico a utm23gdr@gmail.com.
Si eres el ganador, el martes que viene, día 23 lo sabrás, porque se publicará en este mismo sitio y nos pondremos en contacto contigo.

Para el que ande un poco perdido: este territorio engloba la comarca de Melide (Melide, Santiso, Toques, Sobrado), la de Arzúa (Arzúa, Touro, O Pino, Boimorto), Curtis y Vilasantar, es decir, gran parte del interior de la provincia de Coruña entre Santiago y Coruña.


Podes atopar toda a información do concurso na páxina de Facebook do GDR e no seguinte enlace:



Acto de presentación do Congreso "Desenvolvemento rural e Leader no horizonte 2014/2020"


O pasado venres tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia o acto de presentación do Congreso “Desenvolvemento rural e Leader no horizonte 2014/2020” que se desenvolverá a principios do vindeiro mes de novembro.

O acto contou coa participación de Antonio Crespo, Director Xeral de Agader, de J. Antonio Santiso, presidente da Asociación de GDRs de Galicia, de Román Rodríguez, presidente do GDR Terras do Deza e de don J. Manuel Freire, presidente do GDR Adercou.  Do mesmo xeito, estiveron presentes representantes dos 31 GDRs que existen en Galicia, tanto técnicos como membros das súas respectivas Xuntas Directivas.

D. J. Antonio Santiso indicou na presentación que o Congreso realízase co obxectivo de visibilizar o conxunto de avances que se deron da man do Programa Leader no territorio galego, tanto dos anteriores programas como do Leader 2007-2013, que é o que actualmente xestionan e executan os GDRs. Por outra banda,  tamén se busca facer unha avaliación crítica para identificar determinados aspectos a mellorar de cara ao futuro, coa vista posta no novo Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia PDR 2014-2020.

J. Antonio Santiso expuso ante o director xeral de Agader que a través da recopilación de proxectos, experiencias e resultados que se está a facer para a organización do Congreso é fácil observar os beneficios deste paquete de axudas, que conta cun enfoque propio de “abaixo-arriba”, cunha estratexia determinada a nivel local e unhas liñas de actuación completamente centradas no desenvolvemento do rural. Por último e posto que o traballo dos GDRs resultou e segue resultando moi beneficioso para o rural galego, o presidente da Asociación de GDRs de Galicia solicitou a don Antonio Crespo que se active a totalidade dos fondos europeos consignados para o Programa, suprimindo as restriccións orzamentarias que se están a realizar na actualidade.

Na súa intervención o director xeral de Agader amosouse de acordo cos beneficios do Leader e satisfeito coa iniciativa de realizar un Congreso onde visibilizar os resultados; finalmente, engadiu que tanto a Axencia que el dirixe como os GDRs, deben traballar xuntos para conseguir a mellor xestión posible do Programa.

Os medios fanse eco da noticia:
Tierras de Santiago: los GDR presentan el congreso que tendrá lugar en noviembre


13 jul 2012

O GDR á busca de novos proxectos nos sectores agrario e forestal

O pasado 21 de xuño, no programa Espazo Leader, a xerenta do GDR dedicou a súa intervención á análise en profundidade das axudas relativas á dinamización do sector agrario e forestal do Programa: quen pode solicitalas, que actuacións son subvencionables, etc.
Por outra banda, a xerenta animou a todas aquelas persoas, que estean pensando en iniciar ou en continuar unha actividade produtiva no sector agrario ou forestal, a contactar co GDR para informarse sobre as axudas xa que é a medida na que o Ulla Tambre Mandeo rexistrou menor número de proxectos.

Podedes escoitar o programa no seguinte enlace de audio:

Espazo Leader Radio Melide 21 de xuño de 2012



11 jul 2012

Reunión extraordinaria urxente da Xunta Directiva

O pasado xoves 5 de xullo tivo lugar no Centro Cultural Luís Seoane unha reunión extraordinaria con carácter urxente da Xunta Directiva do GDR.
A premura da reunión ven xustificada pola existencia dunha ampliación nas dispoñibilidades orzamentarias do Programa Leader que xestiona o Grupo, do que dou conta pormenorizada o seu presidente, don Ovidio Leiva.
Como consecuencia desta nova dotación de fondos a Asociación puido activar tres proxectos que, ata o de agora, figuraban aprobados en reserva.
As actuacións recollidas nestes tres proxectos son as seguintes:
- ampliación de explotación equina no concello de Sobrado, o proxecto consiste na construción dun picadeiro cuberto onde adestrar os cabalos de salto que cría o promotor. Conta cun orzamento de case 475.000 € e significará a consolidación de dous postos de traballo e á creación dun novo.
- adquisición de moderna maquinaria forestal; o promotor, un mozo de menos de trinta anos que aposta polo autoemprego, acaba de consolidar unha empresa dedicada á xestión dun viveiro forestal de castiñeiro en Boimorto. O investimento, próximo ós 112.000 €, permitiralle optimizar tanto as tarefas do seu negocio como a prestación de servizos forestais ós clientes do viveiro.
 - adquisición de procesadora forestal, o investimento promóveo un empresario individual do concello de Touro coa intención de automatizar e mellorar o proceso de talado e serrado de madeira. A procesadora significará un aforro de tempo e custes nas tarefas e un mellor resultado final no produto. O investimento de 290.000 € aproximadamente permitirá consolidar os cinco postos de traballo da empresa e a creación dun novo.
Do mesmo xeito, o GDR someteu á consideración da Xunta Directiva outros proxectos verificados polo persoal técnico de Agader á espera de ser activados no momento en que volva a existir unha nova dotación de fondos; estes  proxecto contemplan actuacións relacionadas coa ampliación e modernización dunha carpintería metálica e coa adquisición de novidosa maquinaria agrícola  para a prestación de servizos deste tipo ós agricultores e gandeiros do territorio.

Podedes consultar esta información no seguinte enlace da prensa:

Terras de Santiago, 10 de xullo de 2012

Entrevista ó Presidente do GDR Ulla Tambre Mandeo

O pasado 14 de xuño a intervención no programa semanal de Radio Melide dedicado ó Leader correu a cargo do Presidente do Grupo UTM, don Ovidio Leiva Pereiro.

Ovidio Leiva é oriundo do concello de Santiso, desenvolveu a súa vida profesional no sector forestal por todo o territorio galego, o que lle permitiu adquirir un gran coñecemento do medio rural e da súa realidade. Asumiu a presidencia do GDR Ulla Tambre Mandeo no ano 2010.

Podedes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:

Espazo Leader Radio Melide 14 de xuño



9 jul 2012

Goza do Ulla



19 concellos se unen para dar forma a esta bonita iniciativa, o que os une: a beleza do Río Ulla dende o seu nacemento, en Olveda, concello de Antas de Ulla, ata a desembocadura na Ría de Arousa. Cada día unha ruta, a cada cal máis fermosa.
O Ulla Tambre Mandeo ten tres datas destacadas: a ruta por Touro o día 5 de agosto, por Arzúa a seguinte fin de semana, o día 11, e Santiso o día 3 de novembro.
Así que xa sabes....GOZA DO ULLA!!!

2 jul 2012

Promoción dos produtos hortícolas locais

O GDR a través do seu espazo semanal en Radio Melide informa das accións que se emprenderán en breve para a promoción dos produtos hortícolas do territorio.

Podedes escoitar o programa e coñecer todos os detalles no seguinte enlace:

Espazo Leader 7 de xuño de 2012

Por outra banda, o Concello de Vilasantar anima ós agricultores locais a participar no proxecto:

Web concello Vilasantar