O día 26 de xuño dará comezo o curso "PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS TURÍSTICOS" organizado polo GDR.
Esta acción formativa está dirixida a todos aqueles xerentes/as e propietarios/as de negocios do sector do turismo: casas de turismo rural, restaurantes, tendas e actividades complementarias.
O curso está orientado á planificación do marketing conxunto entre tódolos asistentes para a súa posterior posta en práctica. Ese carácter práctico é o que definirá esta acción, orientada a mellorar a ocupación no territorio e incrementar o gasto por visitante.
Podes inscribirte nas oficinas do GDR ou enviándonos un correo a utm23gdr@yahoo.es. O prazo para anotarse remata o xoves 21 de xuño.
O curso estará estruturado en sete xornadas de tres horas cada unha, que versarán sobre os seguintes contidos:
1ª SESIÓN
Presentación do programa das sesións e os seus obxectivos
Práctica: Propostas de identificación de lanzamento dunha Imaxe Corporativa
Elección e Definición das potencialidades que queremos resaltar no Plan Estratéxico
2ª SESIÓN
Deseño do Plan de Marketing e da Estratexia de Comunicación. Parte I
Definición dos procesos que interveñen na Comercialización
Exposición de Casos Prácticos
3ª SESIÓN
Deseño do Plan de Marketing e da Estratexia de Comunicación. Parte II
Exposición de Casos Prácticos
4ª SESIÓN
Definición dun Plan Global de Marketing específico para a zona GDR UTM
Fixación de obxectivos
Plantexamento de diferentes propostas e elección das mesmas
5ª SESIÓN
Plantexamentos de diferentes propostas de actuación e valoración do alcance das mesmas
Elección dun Plan de Actuación.
Iniciar o deseño do Plan de Actuación
6ª SESIÓN
Presentación de propostas para o Plan de Actuación
Elección dunha proposta
Posta en marcha
7ª SESIÓN
Análise dos resultados acontecidos na execución do Plan Estratéxico Comercial
Propostas de mellora, modificacións e reorientación precisas para buscar a consecución dos obxectivos plantexados.
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario