O GDR UTM participa no concurso europeo de fotografía organizado pola ENRD. O obxectivo é retratar a vida no rural europeo. Dous son os fotográfos do noso territorio que se animaron a participar neste concurso, Ana García Turnes e José Luís Fernández Esteller. Enviamos un total de 18 fotografías, a cada cal máis fermosa, que retratan dende o entroido da zona, cos Xenerais do Ulla de Fao, ata os nosos muíños que ensinan a riqueza hídrica de Galicia, o dinamismo xuvenil dos mozos nunha ruta de BTT ou xogando ó balón, os vellos que continúan traballando a terra tras unha longa vida de traballo... Todo unha mostra representativa do que é a vida aquí no rural. Animádevos a buscar as nosas fotos entre todas as participantes e disfrutade da beleza do entorno rural de toda Europa:
GALERÍA DE IMAXES DO CONCURSO EUROPEO DE FOTOGRAFÍA
Por se queredes ir directos a algunhas das nosas fotos aquí vos deixamos o enlace:
Unha das fotos que participa, o espíritu do rural representado na sonrisa da nosa técnica María:
María Mellid posando para o concurso na categoría espíritu Leader
Xente do rural:
O avó por J. L. Fernández Esteller
Debullando por J.L. Fernández Esteller
Sachando na horta por Ana García Turnes
Medioambiente:
Cabalo salvaxe nunha plantación de pinos por Ana G. T.
Muíño de auga por J.L. Fdez Esteller
Paisaxe en Touro por Ana G. Turnes
Emprego:
Muxido matutino de Ana G.T.
Queixo Arzúa-Ulloa por J.L. F. Esteller
Tractores ensilando por Ana G.T.
Diversidade e vida no rural:
Ruta de sendeirismo polo Pino de Ana G.T.
Alfombra de flores no Corpus de Ana G.T.
Xente nova:
BTT en Touro de Ana G.T.
Xogando no xardín de Ana G.T.
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario