NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




24 abr 2012

Celebración de Asemblea Xeral e Xunta Directiva

O próximo xoves 26 de abril de 2012 o GDR Ulla Tambre Mandeo celebrará a súa Asemblea Xeral; unha ocasión única onde se reúnen todos os asociados para analizar o funcionamento da GDR e o desenvolvemento do Programa Leader.

A Asemblea Xeral terá lugar no Centro Cultural Luís Seoane do concello de O Pino as 19.00 h. precedida pola reunión da Xunta Directiva que se celebrará as 18.00 h no mesmo lugar.

A orde do día cos temas a tratar pola Asemblea Xeral será a seguinte:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
2. Aprobación da memoria de actividades desenvolvidas durante o pasado ano 2011
3. Aprobación de actividades previstas para o ano 2012
4. Aprobación de contas e informe económico
5. Aprobación do orzamento do ano 2012
6. Ratificación de cargos da Xunta Directiva e inclusión, se procede, de novos membros
7. Outros asuntos

Con motivo da celebración da Asemblea Xeral e o seu remate terá lugar unha degustación de pequenos pratos elaborados con Queixo DOP Arzúa Ulloa, produto emblemático do territorio, para a celebración da cal o GDR conta coa colaboración do Consello Regulador do Queixo Arzúa Ulloa, con sede en Melide.

Os pratos serán elaborados e servidos polos mozos e mozas que estudan o Ciclo Formativo de GM de Panadería, Repostaría e Confeitería do Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral, con sede en Arzúa; agardamos que con esta experiencia os nosos futuros profesionais da cociña incorporen os produtos da terra no seu saber facer ó tempo que se familiarizan co desenvolvemento do rural colaborando co GDR Ulla Tambre Mandeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario