A Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo reunirase o vindeiro xoves 1 de setembro, a devandita reunión convócase ás 18.30 h en primeira convocatoria e ás 19.00 h en segunda convocatoria no Centro Cultural Luís Seoane do concello de O Pino.
A orde do día será a seguinte:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
- Estado de situación do pago das cotas. Baixa de asociados que non teñan feito o ingreso.
- Admisión na Xunta Directiva, se procede, de novos membros.
- Elección de novos cargos directivos: presidente e vicepresidente segundo.
- Resolución de expedientes do Programa Leader.
- Informes.
- Rogos e preguntas.
Nesta reunión agárdase poder proceder á selección de tres dos expedientes prioritarios do GDR como son a modernización dunha queixería familiar no concello de Sobrado, a implantación dun viveiro forestal no concello de Boimorto e a mellora dunha explotación agrícola no concello de Arzúa.
Da mesma forma na reunión informarase ós presentes de distintos temas referentes ó funcionamento do Grupo como son a planificación dun novo Plan de Difusión, as conclusións da reunión mantida co Director Xeral de Agader sobre o Programa Leader ou a evolución dos fondos xestionados polo GDR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario