Na reunión da Xunta Directiva celebrada o pasado 27 de xuño aprobouse a entrada de catro novos socios na Asemblea Xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo:
- Concello de Vilasantar, representado por Fernando Pérez, alcalde do municipio.
- Asociación de Empresarias Rurais, representada por Minia Varela Antas e situada en Arzúa.
- Federación EFA Galicia, representada por Enrique Rodríguez Rendo e situada en Arzúa.
- Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica, representada por Jesús Villanueva López e situada en Arzúa.
Queremos utilizar este pequeno caderno de bitácora virtual para darlles a benvida a todos eles e para animalos a participar activamente no correcto desenvolvemento das accións e iniciativas do GDR Ulla Tambre Mandeo. Agardamos que coa súa colaboración aumente a difusión do Programa e os beneficios que se agardan do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario