As compoñentes do equipo técnico do Ulla Tambre Mandeo, xerenta e técnica, desprazarémonos no día de hoxe ó concello de Toques para celebrar unha reunión informativa sobre as axudas que xestiona o GDR. Este evento está destinado ós veciños do concello así como a todos/as aqueles/as interesados/as en coñecer máis de preto o Programa Leader e inscríbese dentro da segunda fase do Plan de Difusión do Ulla Tambre Mandeo.
Aproveitamos esta xanela dixital para invitarvos a participar e para agradecer ó concello de Toques a súa colaboración na realización deste encontro.
Lugar: Edificio Multiusos de Toques.
Data: 31 de xaneiro de 2011.
Hora: 21.00 h.
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario