Tanto o equipo técnico do GDR como unha parte dos membros da Xunta Directiva estarán, durante os días 21, 22 e 23 de novembro, mellorando as súas capacidades nunha actividade formativa, polo que A OFICINA DO GDR PERMANECERÁ PECHADA.
Rogamos desculpen as molestias.
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
4 nov 2011
3 nov 2011
Selección de proxectos na Xunta Directiva do GDR
O día 26 de outubro celebrouse a Xunta Directiva do GDR se aprobaron dúas novas axudas do Plan Leader. Unha delas está situada no concello de Boimorto, e consiste na creación dun viveiro forestal que comercializará castiñeiros que producirá a través de plantas nai. O investimento, entre o acondicionamento do viveiro, e adquisición de maquinaria forestal que dará servizo tanto a clientes coma ó propio negocio, supera os 130.000 euros. A subvención concedida está próxima ó 35%. A Xunta Directiva valorou moi positivamente este proxecto, que valoriza os produtos autóctonos de Galicia. Está promovido pola empresa Río Queiro SL na que o único socio propietario é un mozo emprendedor de 27 anos.
O segundo proxecto que se aprobou nesta xuntanza está situado en Melide, promovido pola empresa Cervisa S.L. Cervisa, en funcionamento dende o ano 2008, está dedicada á fabricación de estruturas metálicas, e os promotores pretenden, con investimentos que roldan os 600.000 euros, converterse nunha das empresas máis modernas de Galicia no sector. Este proxecto creará dous novos postos de traballo, que se sumarán os cinco cos que xa conta na actualidade. A subvención concedida é do 28%.
O GDR Ulla Tambre Mandeo cerra este ano coa aprobación, polo tanto, de dúas iniciativas de xente nova, que contribúen a xerar emprego e fixar poboación no rural.
20 oct 2011
Reunión ordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo
O vindeiro mércores 26 de outubro de 2011 terá lugar a reunión ordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.
A reunión celebrarase as 19.00 h en primeira convocatoria e as 19.30 h en segunda convocatoria no Centro Cultural Luís Seoane, no concello de O Pino.
A orde do día será a seguinte:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
2. Acordo de solicitude de gastos de funcionamento con cargo á medida 431.a) da anualidade 2012
3. Acordos sobre gastos da medida 431.b): adquisición de capacidades e promoción do territorio
4. Resolución de expedientes do Programa Leader
5. Informes
6. Rogos e preguntas
A reunión celebrarase as 19.00 h en primeira convocatoria e as 19.30 h en segunda convocatoria no Centro Cultural Luís Seoane, no concello de O Pino.
14 oct 2011
Celebración de Xornada sobre "Ténicas participativas de dinamización no ámbito agroforestal"
O vindeiro 10 de novembro celebrarase no territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo unha Xornada formativa organizada pola Asociacion de GDRs de Galicia denominada "Técnicas participativas de dinamización no ámbito agroforestal".
A xornada será impartida pola empresa Cidadanía S. Coop. Galega e os seus obxectivos concrétanse en contribuír á acción dinamizadora e dos GDRs galegos así como a fomentar a sostibilidade dos recursos agroforestais do territorio galego dende a promoción de estratexias de cooperación. Para logralo incidirase en propostas que buscan agrupar a propietarios de cara a unha xestión máis racional, sostible e innovadore; así como na necesidade de poñer en contacto as terras improdutivas con emprendedores, ou potenciais emprendedores, que poidan incrementar o seu valor engadido.
O seminario desenvolverase en horario de mañá e tarde (de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:00) no Centro Cultural Luís Seoane, no concello de O Pino.
13 oct 2011
Axudas aprobadas durante o 2011
Este venres día 14 se pecha o período de xustificación para os proxectos do 2011, polo que xa se pode facer balance das axudas aprobadas e xustificadas. A fin de facilitar o acceso a esta información o equipo técnico ven de habilitar un enlace, na columna da esquerda deste blog, no que se poden consultar as resolucións do 2011.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)