NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




28 jul 2011

Novas planificacións do Plan de Difusión do GDR Ulla Tambre Mandeo

Durante todo o mes de xuño o GDR Ulla Tambre Mandeo estivo deseñando as que serán as súas próximas actuacións no ámbito da difusión do Programa Leader así como de promoción do territorio nos vindeiros meses.
Entre as propostas que se recollen inclúense a elaboración de novo material divulgativo, a elaboración de material fotográfico cos principais recursos do territorio e unha segunda rolda de visitas informativas do equipo técnico nos distintos municipios que compoñen o ámbito xeográfico do Ulla Tambre Mandeo.

27 jun 2011

Celebración da reunión ordinaria da Xunta Directiva

Hoxe, as 19.00 horas celebrarase a Xunta Directiva do GDR, que tratará, entre outros puntos do día:
A aprobación da solicitude de entrada á Asociación de tres novos socios, que se unen ós 130 existentes na actualidade. Con esta entrada de novas asociacións refórzase a xa de por sí amplia representatividade social nos dez concellos do GDR.
A continuación, informarase sobre os once proxectos que solicitaron unha axuda do programa Leader e que agora mesmo se están tramitando. Estos proxectos suporán un investimento de mais de tres millóns de euros no territorio do GDR. Discutirase a aprobación de catro deles, cuxa tramitación está más avanzada:
-          Mustallar Enerxías S.L. solicitou unha axuda para a creación, en Curtis, dun “centro de control, experimentación e enxeñería enerxética” onde se desenvolverán sistemas avanzados de control de instalacións enerxéticas e se diseñarán e evaluarán sistemas e procesos para a mellora e a optimización de plantas de producción enerxética. Ten un orzamento de 629.520 euros mais IVA, e proponse unha axuda de 250.000 euros.
-         Concello de O Pino vai realizar un proxecto de “Posta en valor do patrimonio natural e cultural de O Pino a través dunha audioguía virtual” no que invertirán 108.404 euros. A subvención proposta é do 100%. Difundiranse, a través da audioguía, tres rutas de sendeirismo con distintas temáticas: panorámica, fluvial e cultural. Este proxecto de novas tecnoloxías vai dirixido tanto á poboación local como a visitantes, turistas e peregrinos.
-         Funeraria San Juan de Touro S.L. creará un tanatorio en Touro, servizo inexistente no concello actualmente. Realizarán un investimento de 480.269 euros, e solicitan unha axuda ó programa Leader de 123.729 €.
 -   Víctor Penas López, instalará en Curtis unha industria de fabricación e comercialización de embutidos e salazóns nunha busca de modernizar e ampliar o seu negocio de venda de produtos cárnicos. Con este proxecto Víctor fará un investimento de 238.258 € dos cales 44.349 € serán aportados polo Programa Leader no caso da súa aprobación.
 Na reunión trataranse tamén outros asuntos, como as actuacións a emprender durante o periodo  que abarca de xuño a decembro para dar difusión ó Programa Leader e ó Grupo de Desarrollo Rural.

Celebración da sesión informatica "A rede de internet Güifi.net: unha posibilidade no medio rural

Hoxe, día 27 de xuño, celebrarase ás 18.00 h no Centro Cultural Luís Seoane de Arca (O Pino) unha charla, aberta ó público en xeral, impartida pola Asociación Valongo, de Sarria, titulada “A rede de internet Güifi.net: unha posibilidade no medio rural”. Nesta conferencia a Asociación Valongo explicará o seu proxecto desenvolvido na comarca de Sarria, na que algúns veciños de varias asociacións crearon a súa propia rede, que agora poden utilizar para dar cobertura de internet en sitios ós que antes non chegaba. Ten ademais outras aplicacións posibles, como a de crear unha radio ou unha televisión, compartir arquivos etc. O proxecto de creación desta rede foi financiado polo Programa Leader no Grupo de Desenvolvemento Rural Os Sete Castros.

7 jun 2011

Xornada sobre o turismo e a accesibilidade no rural

Mañá 8 de xuño de 2011 celébrase en Ames a Xornada sobre turismo e accesibilidade no rural organizada pola Asociación de GDRs de Galicia en colaboracións con outras entidades do territorio públicas e privadas. Nesta xornada farase un achegamento ós problemas de accesibilidade cos que se atopan as persoas con mobilidade reducida no rural e debatirase sobre a necesidade de mellorar neste ámbito nun dos sectores máis rendibles da economía: o turismo. Trátase de reflexionar como unha necesidade social pode converterse nun nicho de mercado por explotar.
Con motivo da asistencia do equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo a esta xornada comunicámosvos que a oficina permanecerá pechada o día 8 de xuño. Para calquera dúbida ou consulta podedes atoparnos no teléfono 682 738 681.
Para aquelas persoas interesadas en asistir á Xornada, esta celebrarase da seguinte forma:
Lugar: Ponte Maceira (Sede Feiraco), Ames
Hora: 10.00 h.

18 may 2011

Programa Goza do Ulla

Dende o mes de abril estase a desenvolver o programa Goza do Ulla, iniciativa conxunta de cinco concellos da provincia da Coruña: Arzúa, Santiso, Touro (os tres pertencentes ó territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo), Boqueixón e Vedra. Esta iniciativa pretende promocionar de maneira conxunta as rutas de sendeirismo existentes no curso fluvial do río Ulla pñendo en valor o patrimonio natural entre os veciños, amantes da natureza e aficionados ó sendeirismo. En total, realizaranse cinco rutas:
  • Ruta das penas do Ulla, en Santiso, el 30 de abril.
  • Percorrido entre a Fervenza das Hortas e o muíño de Roque, en Arzúa, o 29 de maio.
  • Ruta dos tres ríos de Touro, o 5 de xuño.
  • Ruta dos pescadores de Boqueixón en xullo.
  • Ruta de San Xoán da Cova de Vedra, o 20 de agosto.
Desde o GDR Ulla Tambre Mandeo animámosvos a participar nesta iniciativa e a coñecer os recunchos máis fermosos do noso territorio. Podedes atopar máis información nas páxinas web dos concellos participantes.