Un dos produtos locais máis emblemáticos dos dez concellos que compoñen o ámbito xeográfico do GDR Ulla Tambre Mandeo é o queixo D.O.P Arzúa-Ulloa, proba da súa importancia é o feito de levar o nome dunha das nosas bisbarras na súa denominación.
A territorio da denominación esténdese ó longo de trinta e tres concellos do interior de Galicia, onde dez dos dezasete que figuran inseridos da provincia de A Coruñas son os que compoñen o UTM. Por outra banda, en Arzúa existe unha festa consolidada de exaltación e promoción deste produto, que xa vai pola súa edición número 40 cun importante éxito de público, é en Melide onde ten a súa sede o Consello Regulador da mesma e, ademais, preto do 60% da produción total da Denominación ten a súa orixe no territorio do Ulla Tambre Mandeo, preto de dous millóns de quilogramos!!
No territorio é o modo de vida de moitas familias de grandes e pequenas explotacións, sexan elaboradores de queixo ou só subministradores do leite de primeira calidade co que se elabora. Contamos con dez queixerías na D.O.P. con orixe no UTM e cun "saber facer" tradicional de numerosas persoas artesanas que o constitúe como un dos elementos importantes na zona a nivel económic, social e de identidade.
Gracias ó secretario-xerente da D.O.P. Arzúa Ulloa poidemos saber que o Ulla Tambre Mandeo conta con dez queixerías dentro da Denominación, as cales, acadan postos moi meritorios nas Catas de Queixos e Meles para premiar a excelencia na elaboración deste produto.
