Durante o ano 2014 o GDR Ulla Tambre Mandeo alcanzou unha execución dos fondos do Programa de Axudas Leader do 93%, gracias ós solicitantes e beneficiarios de axudas, que realizaron o investimento e puxeron os negocios en marcha con gran celeridade.
Concedéronse axudas por importe de 746.000 euros, o que supón un investimento de preto de dous millóns e medio de euros, parte do cal aínda se está a realizar no presente ano.
Aquí podes atopar un resumo de tódolos proxectos aprobados no ano 2014, por se che dá unha idea do que podes facer ti no rural. Temos o período de solicitude de axudas aberto ata o 30 de marzo!!