O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo continúa coa xestión do Programa Leader 2007-2013. O pasado xoves, 1 de marzo, celebrouse a primeira Xunta Directiva do ano 2012. As 25 entidades que compoñen o órgano directivo da Asociación trataron, como tema prioritario, a selección dos proxectos que solicitaron as axudas do programa europeo e que obtiveron a verificación por parte de Agader. Do mesmo xeito, tamén se incluíron na orde do día asuntos propios do funcionamento interno do GDR como son a proposta da celebración da Asemblea Xeral para o vixente ano, o estado actual dos fondos asignados e comprometidos e as futuras planificacións no eido da difusión e valorización do territorio.
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
7 mar 2012
Celebración da Xunta Directiva e visita do Grupo Lundaland
Suscribirse a:
Entradas (Atom)