No día de onte, xoves 10 de novembro, tivo lugar unha actividade de formación sobre a dinamización no sector agroforestal organizada pola Asociación de GDRs de Galicia no territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo.
Principalmente dirixida ós actores e técnicos que desenvolven as súas actividades no sector da dinamización e do desenvolvemento rural e local, a xornada discurriu cun desenvolvemento eminentemente práctico e demostrativo.
A través de distintas actividades os asistentes puideron familiarizarse e poñer en práctica diferentes métodos para levar a cabo un proceso participativo con éxito á hora de dinamizar un territorio. Aínda que se mantivo o enfoque no ámbito agroforestal que é onde se demandan máis accións deste tipo, as técnicas explicadas son facilmente extrapolables a outros ámbitos da vida social.
Desde o Ulla Tambre Mandeo queremos agradecer á Asociación de GDRs de Galicia o feito de celebrar esta xornada no noso territorio e agardamos que a todos os presentes lles resultase de utilidade para desenvolver as súas actividades futuras.