Dende o mes de abril estase a desenvolver o programa Goza do Ulla, iniciativa conxunta de cinco concellos da provincia da Coruña: Arzúa, Santiso, Touro (os tres pertencentes ó territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo), Boqueixón e Vedra. Esta iniciativa pretende promocionar de maneira conxunta as rutas de sendeirismo existentes no curso fluvial do río Ulla pñendo en valor o patrimonio natural entre os veciños, amantes da natureza e aficionados ó sendeirismo. En total, realizaranse cinco rutas:
- Ruta das penas do Ulla, en Santiso, el 30 de abril.
- Percorrido entre a Fervenza das Hortas e o muíño de Roque, en Arzúa, o 29 de maio.
- Ruta dos tres ríos de Touro, o 5 de xuño.
- Ruta dos pescadores de Boqueixón en xullo.
- Ruta de San Xoán da Cova de Vedra, o 20 de agosto.