O vindeiro xoves 5 de maio o equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo asistirá a unha xornada demostrativa sobre cooperativismo na zona da Limia. O equipo técnico estará acompañado nesta visita por un grupo de produtores de horta do territorio interesados nas axudas do Programa Leader para poñer en marcha o seu propio proxecto. O programa será o seguinte:
12.00 h : Visita regadíos, Explotación de pataca en Sandiás e Finca de diversos cultivos explotada pola Xunta.
14.00 h : Descanso para a comida.
17.45 h : Visita a concesionario Jonh Deere e demostración de maquinaria.
Por mor desta visita a oficina técnica permanecerá pechada, para calquera incidencia poderedes poñervos en contacto con nós a través do número de móbil: 682 738 681