NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 jun 2013

PROMOCIÓN DOS PRODUTOS LOCAIS NA FEIRA DO GALO PIÑEIRO DO PINO

Os produtos con valor engadido local volverán ser os protagonistas das actividades organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural. A fin de semana do 3 e 4 de agosto, o GDR participará cun espazo na feira do Galo Piñeiro organizada polo concello de O Pino no que se fará unha exposición de tódolos produtos do territorio do Ulla Tambre Mandeo (recordamos para os despistados: Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar).
 
Por iso esta entrada no blog é un chamamento ó empresariado local: se tes un produto agroalimentario ou turístico de calidade, ponte en contacto con nós para que estea representado no expositor do GDR.
 
Imos poñer dúas zonas, unha agroalimentaria e outra turística.

Se tes un produto agroalimentario de calidade e local terás que proporcionarnos aquel material necesario (produto, folletos...) para facer un posto atractivo. Ademais, se queres reservar un espazo e tempo para facer algunha actividade, tamén o podes solicitar. As actividades poden consistir en exhibicións, catas, degustacións... Recorda que todo aquilo específico que se necesite para a conservación do produto, como neveiras ou outros elementos, debes traelo ti. O stand solo conta coas paredes e nós nos encargamos da colocación, a decoración e a atención do posto.

Se pertences ó sector turístico tamén podes traer información, folletos, fotos, bonos ou o que queiras, teremos un recuncho reservado para a promoción turística da zona.

Esperamos a participación de tódolos axentes do UTM neste evento! xuntos traballamos máis e mellor!!!
 
Moitas grazas ó concello do Pino pola invitación!

14 jun 2013

A necesidade de aprender a comunicarse

Como sabedes, desde o GDR Ulla Tambre Mandeo, organizamos un Curso de Interpretación do Patrimonio centrado principalmente en aprender técnicas para comunicar eficazmente. É moi importante o modo no que se din as cousas, e para mostra, deixámosvos este pequeno conto recollido do libro Las Mil y Una Noches. Feliz fin de semana!

"Los dientes del Sultán"

En un país muy lejano, al oriente del gran desierto vivía un viejo Sultán, dueño de una inmensa fortuna.        
El Sultán era un hombre muy temperamental además de supersticioso. Una noche soñó que había perdido todos los dientes. Inmediatamente después de despertar, mandó llamar a uno de los sabios de su corte para pedirle urgentemente que interpretase su sueño.        
- ¡Qué desgracia mi Señor! - exclamó el Sabio - Cada diente caído representa la pérdida de un pariente de Vuestra Majestad.        
- ¡Qué insolencia! - gritó el Sultán enfurecido - ¿Cómo te atreves a decirme semejante cosa? ¡Fuera de aquí!        
Llamó a su guardia y ordenó que le dieran cien latigazos, por ser un pájaro de mal agüero. Más tarde, ordenó que le trajesen a otro Sabio y le contó lo que había soñado. Este, después de escuchar al Sultán con atención, le dijo:        
- ¡Excelso Señor! Gran felicidad os ha sido reservada. El sueño significa que vuestra merced tendrá una larga vida y sobrevivirá a todos sus parientes.        
Se iluminó el semblante del Sultán con una gran sonrisa y ordenó que le dieran cien monedas de oro. Cuando éste salía del Palacio, uno de los consejeros reales le dijo admirado:        
- ¡No es posible! La interpretación que habéis hecho de los sueños del Sultán es la misma que la del primer Sabio. No entiendo por qué al primero le castigó con cien azotes, mientras que a vos os premia con cien monedas de oro.        
- Recuerda bien amigo mío --respondió el segundo Sabio-- que todo depende de la forma en que se dicen las cosas... La verdad puede compararse con una piedra preciosa. Si la lanzamos contra el rostro de alguien, puede herir, pero si la enchapamos en un delicado embalaje y la ofrecemos con ternura, ciertamente será aceptada con agrado...        
- No olvides mi querido amigo --continuó el sabio-- que puedes comunicar una misma verdad de dos formas: la pesimista que sólo recalcará el lado negativo de esa verdad; o la optimista, que sabrá encontrarle siempre el lado positivo a la misma verdad".         
Dice el libro de los Proverbios: "Las palabras del hombre son aguas profundas, río que corre, pozo de sabiduría... Con sus labios, el necio se mete en líos; con sus palabras precipitadas se busca buenos azotes... Cada uno comerá hasta el cansancio del fruto de sus palabras. La vida y la muerte dependen de la lengua; los que hablan mucho sufrirán las consecuencias". Prov 18,4.20-21.- Uno de los grandes desafíos de la humanidad es aprender a comunicarse.        

13 jun 2013

Curso de Comunicación Eficaz do Patrimonio do Ulla Tambre Mandeo




Xa vos podedes apuntar ó curso que o IDC e o GDR poñen en marcha na segunda semana de xullo. Vai ser un curso moi práctico dirixido a todo aquel que teña interese por contar do noso patrimonio. E para o último día, sábado 13, temos pensado facer unha saída a visitar eses elementos que aprenderemos a comunicar.

Se che interesa este curso, apúntate xa!

Aquí vos deixamos o programa:



Módulo 1- Coñecendo un pouco máis o noso entorno.

·        Presentación e breve descripción dos recursos da zona.
·        Cómo procurar información sobre distintos recursos da zona.

Módulo 2- Comunicación para todas as persoas.

·      Turismo inclusivo.
·     A Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación eficaz.
·     Coñecendo as técnicas da Interpretación do Patrimonio.

Módulo 3- Aprendendo un pouco máis sobre a diversidade.

·        Atención de calidade a persoas con discapacidade.
·        Cómo elaborar textos de fácil lectura para todos.
·        Traballando con cartas e folletos para todos.

Módulo 4- Cómo podemos comunicar o noso patrimonio de forma eficaz.

·        A actitude do comunicador.
·        Cómo elaborar textos interpretativos.
·        Preparación da parte práctica.

Módulo 5- Prácticas.

·        Parte práctica que terán que levar a cabo os alumnos e alumnas sobre o aprendido durante o curso.
·        Visita de prácticas a algún lugar con interese patrimonial na zona.


Precisamente das novas iniciativas que está a estudar e planificar o GDR falou a técnica do Grupo, María Mellid, no Espazo Leader de Radio Melide esta mañá. Aquí vos deixamos o enlace por se queredes escoitalo:

Espazo Leader, 13 de xuño de 2013 

7 jun 2013

"Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", Reserva da Biosfera

No Espazo Leader da semana pasada contamos coa intervención de D. Jorge Blanco, xerente do GDR Mariñas-Betanzos e un dos principais artífices da declaración das "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" como Reserva da Biosfera por parte da UNESCO.
 
Unha estupenda nova para o territorio que engloba, para nós polo cachiño que nos toca e para Galicia en xeral que xa conta con outros cinco territorios con esta distinción.
 
Se queredes saber máis, deixamos aquí o enlace ó blog da iniciativa:
 
 
E se queredes ter unha explicación de primeira man tamén vos deixamos o enlace ó Espazo Leader: