NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




10 feb 2011

Reunión ordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo

Mañá, día 11 de febreiro de 2011, terá lugar no concello de O Pino a primeira reunión ordinaria da Xunta Directiva do Ulla Tambre Mandeo no presente ano.

A orde do día, cos temas que se tratarán na reunión, é a seguinte:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Ratificación do baremo de valoración de proxectos autorizado por Agader o día 17 de xaneiro de 2011 e da apertura convocatoria de axudas.
  3. Informes varios de presidencia.
  4. Rogos e preguntas.
A reunión celebrarase as 19.00 h. no Centro Cultural Luís Seoane (Arca-O Pino).

1 feb 2011

Charla informativa en Melide

Seguindo coa rolda de encontros e charlas divulgativas que está a levar a cabo o equipo técnico do Ulla Tambre Mandeo das axudas do Programa Leader apuntamos dende esta pequena axenda virtual que a próxima cita destas características será na vila de Melide o vindeiro día 3 de febreiro de 2011. Esta iniciativa conta coa colaboración dos membros da Xunta Directiva do GDR veciños do concello de Melide ós que lles agradecemos a súa axuda e apoio.

Data: Xoves, 3 de febreiro de 2011.
Hora: 21.00 h.
Lugar: Telecentro Melisanto.